viernes, 8 de junio de 2012

Coltan

O coltan é un mineral que se atopa en Brasil, Tailandia, Australia e sobre todo no Congo. A palabra coltán ven da abreviatura de columbita e tantalita. Destes minerais extráese tantalio e niobio, utilizados en distintas industrias de aparatos electrónicos, centrais atómicas, fibra óptica, etc. aínda que a maioría se destinan a elaboración de condensadores e outras partes dos teléfonos móviles.

Tantalio
O interés da explotación do coltan é fundamentalmente poder extraer tantalio, que é un metal moi resistente a corrosión, polo que é moi valorado como substituto do platino.Nos condensadores eléctricos, por exemplo,  pódese conseguir unha maior capacidade con un menor tamaño. O tantalio tamén se utiliza para recubrir prótesis humanas.




O outro material obtido é o niobio que é bastante similar o tantalio, pero máis lixeiro. Úsase na aeronáutica, pola súa superconductividade. Con el pódense elaborar potentísimos electroimans, usados por exemplo en aparatos de resonancia magnética e en aceleradores de partículas. Por último, este composto é clave para elaborar redes de fibra óptica máis rápidas e eficientes, e así, por exemplo, poder conseguir conexións máis rápidas a internet.

O coltán extráese a través de procesos primitivos,é dicir, de forma manual: cávanse grandes furados en hileiras para sacalo do subsolo. Ó que sacan añándenlle auga e o barro que se forma vérteno en grandes tubos de lavado, logrando que o metal se deposite no fondo, debido ó seu peso.
O coltan é obtido por traballadores que son reclutados para extraelo nas minas a ceo aberto. En moitos casos os pequenos son obrigados a traballar nas minas a moita profundidade, pois son os únicos que collen nelas, e a consecuencia disto e que miles deles morren sepultados, afogados ou pola fame. Isto chega ata tal punto que se calcula que por cada quilo de coltan, morren dous nenos.
O perigo dos traballadores das minas non só é no momento de extraelo, senon que o coltán pode desprender radioactividade, o que produce numerosas enfermidades.
A estos traballadores danlles 10 dólares por quilo de mineral extraído, cando logo no mercado se pagan 500 dólares ou máis.

O prezo  do coltan subiu co uso do tantalio para fabricar microchips de nova xeración que permitían baterías de longa duración en teléfonos móbiles, videoxogos e portátiles. E aínda se dispararon máis uns anos antes do 2000, cando comezaron a escasear as reservas en Brasil, Australia e Tailandia. Debido a isto, tódalas miradas se puxeron na República Democrática do Congo, pois ten o 80% das reservas mundiais deste mineral no subsolo.
Esta grande cantidade de coltan, levou a explotación do Congo polos países veciños e por diversas multinacionais, o que provocou varios conflictos para obter as minas das rexións:
  • O conflicto económico:
O 2 de agosto do 1998 comezou unha guerra que tiña como principal finanzamento as ganancias obtidas polo propio coltan . Ruanda e Uganda exportaban o coltan, roubábano do congo e levábano en avións: o exército ruandés transladaba en camións o mineral a Kigali, donde se trataba nas instalacións da Sociedade Mineira de Ruanda, antes de ser exportado a Europa. A través dos aeroportos de Uganda e de Ruanda, as compañías aéreas levan o mineral, e traen cargamentos de armas a cambio. Os principais distinitarios do coltan son os EEUU, Alemania, Bélxica e Kazajistán.

  • O conflicto social:
A falta de terras, a pobreza crecente  e as colonizacións levaron a un enfrentamento entre hutus e tutsis ( grupos étnicos). Pero o maior motivo foron as riquezas naturais do país.
Os hutus e os tutsis tiveran outras rivalidades antes do 1994, pero ata ese momento convivían xuntos. O problema chegou cando chegaron o Congo, a Ruanda, etc. os colonizadores europeos, quenes interpretaron a estos grupos sociais como poboacións distintas. Os alemáns e máis tarde os belgas cando chegaron a colonizar as terras, déronlles máis privilexios aos tutsis que ós hutus. Os hutus non podían ir a escola, non podían ter postos políticos, etc.Todo isto os tutsis conseguírono aínda sendo minoría, pois un 85% da poboación eran hutus.
Todo isto estoupou e no 1994 comezou a masacre que acabou con un millón de tutsis.


                       

Entre a masacre do 1994 e a guerra que continuou, calcúlase que acabaron coa vida de cinco millóns de persoas.